playlist

Conxuro (Da Queimada) - Finisterra Ópera Rock - text

Mouchos, coruxas, sapos e bruxas
Demos, trasgos e diaños, espritos das nevoadas veigas
Corvos, pintigas e meigas, feitizos das menciñeiras
Podres cañotas furadas fogar dos vermes e alimañas
Lume das Santas Compañas, mal de ollo, negros meigallos
Cheiro dos mortos, tronos e raios
Oubeo do can, pregón da morte, fuciño do sátiro e pé de coello
Pecadora lingua da mala muller casada con home vello
Averno de Satán e Belcebú, lume dos cadavres ardentes
Corpos mutilados dos indecentes
Peidos dos infernais cús, muxido da mar embravescida
Barriga inútil da muller solteira
Falar dos gatos que andan á xaneira
Guedella porca da cabra mal parida
Con este fol levantarei as chamas de este lume que asemella ao do inferno
Fuxirán as bruxas a cabalo das súas escobas, índose bañar na praia das areas
gordas
¡Oíde, oíde!
Os ruxidos que dan as que non poden deixar de queimarse na augardente,
quedando así purificadas
E cando este brevaxe baixe polas nosas gorxas
Quedaremos libres dos males da nosa ialma e de todo embruxamento
Forzas do ar, terra, mar e lume, a vos fago esta chamada:
Si é verdade que tendes máis poder que a humana xente, eiquí e agora
Facede cos espritos dos amigos que están fora
Participen con nós de esta queimada

Text přidala Lucipher69

Video přidala Lucipher69


Přihlášení

Registrovat se

Finisterra Ópera Rock

Mägo de Oztexty

Tento web používá k poskytování služeb, personalizaci reklam a analýze návštěvnosti soubory cookie. Používáním tohoto webu s tím souhlasíte. Další informace.